martes, 20 de julio de 2021

 Inventario


Teño dúas pernas e dous pés, brazos en cantidade de un par

e no bordo de todos eles, 

vinte dedos, todos cunha unlla ao final. 


Teño tronco, órganos e cabeza.Todo nun estado aceitable, case sans.


Teño unha boca e dúas línguas: o órgano e a nai, o código verbal.


Teño unha pesadume fonda que as veces faise pranto.

Teño un aviso de desafiuzamento no peto e unha dèbeda cun banco.


Teño frío moitas noites nas que o colchón é o chan.

Un chaquetòn que me tapa. Tamén teño unha manta. 

Un chapeu para a esmola e se cadra poño a man.