martes, 20 de agosto de 2019

                         


                                Salitre nos beizos

  Sempre ía pola beira, pola beiriña do mar.

Que a sal lle mollase os beizos, que o auga mollase os

seus pés, que o sol lle quentase as costas...

Ou que todo pasase ao revés.

Sempre ía pola beira, pola beiriña do mar.

Ata aquela tarde morna na que as ondas a chamaron.

Dixeron forte o seu nome,

por ela as ondas berraron.

Sempre ía pola beira, pola beiriña do mar.

Ata aquela tarde morna na que se foi mergullar.


Na praia choran a perda, bágoas que caen no mar.

Sempre foi unha serea, ninguén o puido sospeitar.