jueves, 16 de agosto de 2018

       

         Polos pelos


  Non podendo demostrar os feitos que se lle imputan, e dada a

imposibilidade de interrogar aos demáis participantes das

supostas orxías e alteracións da orde aqui relatadas, o acusado

 Don Edelmiro Seixo queda en liberdade sin cargos. O camposanto

"Nova vida" estará baixo vixiancia policial durante un ano a

partires da data de hoxe para que osactos de vandalismo aquí

denunciados non se volvan repetir.


  "Miña naisiña da que me salvei, foiseme das mans carallo.

Despois de corenta anos de vixiante do "No Vida" (como lle

chamamos entre nós), casi aliamos. A culpa foi miña claro, a

tranquilidade de que nunca pasaba nada levoume a baixar a

guardia.

  A festa era rachada, estábano a pasar tan benque me unín a eles,

 non puiden evitalo.

  Deixamos o ciminterio cheo de merda; botellas, cabichas, cartóns

 de comida rápida, o colesterol era o de menos...Como eu rematei

 bastante perxudicado ate quedaron tumbas sin pechar ben, un

 desastre.

  Qué noite! Nin nos meus anos mozos me rira tanto. E que o

 Marcial e a Marucha son do que non hai, se estiveran vivos serían

 os humoristas máis famosos do mundo. Ai miña nai! Que non me

 podo lembrar da parodia que fixeron de Deus e a Virxen María que

 morro coa risa!

_Señor Edelmiro, parécelle divertido algo do que estou a ler?


_Non, non señor xuíz, desculpeme por favor.