jueves, 16 de agosto de 2018
Polos pelos
Non podendo demostrar os feitos que se lle imputan, e dada a
imposibilidade de interrogar aos demáis participantes das
supostas orxías e alteracións da orde aqui relatadas, o acusado
Don Edelmiro Seixo queda en liberdade sin cargos. O camposanto
"Nova vida" estará baixo vixiancia policial durante un ano a
partires da data de hoxe para que osactos de vandalismo aquí
denunciados non se volvan repetir.
"Miña naisiña da que me salvei, foiseme das mans carallo.
Despois de corenta anos de vixiante do "No Vida" (como lle
chamamos entre nós), casi aliamos. A culpa foi miña claro, a
tranquilidade de que nunca pasaba nada levoume a baixar a
guardia.
A festa era rachada, estábano a pasar tan benque me unín a eles,
non puiden evitalo.
Deixamos o ciminterio cheo de merda; botellas, cabichas, cartóns
de comida rápida, o colesterol era o de menos...Como eu rematei
bastante perxudicado ate quedaron tumbas sin pechar ben, un
desastre.
Qué noite! Nin nos meus anos mozos me rira tanto. E que o
Marcial e a Marucha son do que non hai, se estiveran vivos serían
os humoristas máis famosos do mundo. Ai miña nai! Que non me
podo lembrar da parodia que fixeron de Deus e a Virxen María que
morro coa risa!
_Señor Edelmiro, parécelle divertido algo do que estou a ler?
_Non, non señor xuíz, desculpeme por favor.
lunes, 2 de julio de 2018
Código ético
Bailo para
seguir vivindo. Algunha xente
corre, outra fai ioga e hai quen escribe. Eu bailo.
corre, outra fai ioga e hai quen escribe. Eu bailo.
Para
esquecer o traballo. Bailo e bailo, e as veces nin así.
A meu pai
petoulle que fose a clases de baile cando era
unha nena. Eu non quería ir, prefería xogar ao fútbol. Pero
unha nena. Eu non quería ir, prefería xogar ao fútbol. Pero
él, que era moi
teimudo, propúsose mercar miña
vontade có
balón do Celta que tiña o branco máis clariño que vira na miña
vida.
Fun bailar, claro.
Fun bailar, claro.
Primeiro
sen ganas, desexando que rematara a clase para
saír coma un foguete cara a praza. Despois, esperando que
chegara
o mércores, día de danza. Cando me quixen dar
conta era a última en saír dese pequeno
universo no que
me sentía tan ben. Se meu pai soubera...
Dende entón
bailaba cando estaba contenta, cabreada,
triste ou feliz.Os meus pés volvíanse tolos se algún
acontecer me favorecía. Se
Migueliño me pasaba o balón,
eu bailaba. Se Marta escollía sentar conmigo no comedor
tiña ganas de bailar. Cando Xosé me bicou pensei morrer,
pero bailei.
Pasaron séculos desde entón. Agora bailo para que o peso
do que fago non me afunda no chan.
do que fago non me afunda no chan.
Ao mal
nacido que me aniquilou para satisfacer
os seus
instintos de berme, mateino por vinganza. Aos demáis, por
encargo.
Non vaia
pensar quen estea lendo isto, que son unha
asasina máis. Teño o meu código ético; só mato homes.
Machos que teñen dificultade
para controlar os cachos de
pel e carne que lles colga na entreperna. Con este
regulamento e o baile, non teño peor conciencia que se
houbera atropelado un gato por
accidente.
sábado, 30 de junio de 2018
martes, 26 de junio de 2018
Rosalía e o mar
Conta a xente do lugar,
que nunha daquelas
mañás
nas que andaba Rosalía
pola beiriña do mar,
atopou unha botella coa
historia de un rapaz.
Adrián era un mariño
que de tanta saudade
pensou dedicarse o viño.
Despois de a botella beber
e vendo o mal que lle
sentou,
decidiu nela unha carta meter
e abanada polo mar a
deixou.
Sendo rudo o mariñeiro,
soubo de algunha
maneira,
deixar nun cachiño de
papel,
case a súa vida enteira.
Os ollos de Rosalía
titilaban ao ler,
namorouse sen remedio
desexábao coñecer.
Mandoulle recado o mar
nunha botella vermella
e quedou na espera
de resposta da parella.
Apenas pasaron dous dias
e xa recibira misiva
relatáballe aventuras
que ela xamais ouvira.
Pensaba de noite nela,
miraba de seguido
o ceo
soñaba se sería unha
estrela
que na escuridade viña
velo.
Estiveran fondeados
nunha illa afastada
ó barco rompeulle o
mastro e arranxárano na Habana.
Tamén avistaron baleas
coas que fixeron amizade
e ata navegaron con elas.
Noutra botella vermella,
volveu Rosalía mandar
unha longa e esperanzada
carta para o mar.
Quero verte Adrián,
mirarme nos teus ollos,
sentir as túas mans.
Pasaron máis de dous
meses e esta foi a resposta:
Quérote tanto meu ben,
que xa non podo enganarte.
Levo anos namorado,
bicando os teus pes suspiro.
Este é un amor imposible
e eu non deixo de adorarte.
Ti non me soñas, nin
sentes,
se non fose por Adrián, nin saberías
que vivo.
Eu son o mar Rosalía,
sen corpo para abrazarte
sen beizos para bicarte,
Eu son o mar Rosalía,
ese que miras sen ver.
Eu son o mar Rosalia.
jueves, 15 de febrero de 2018
Apéndices
Hay bolsillos tacaños y bolsillos burlones.
Los hay que parecen menguantes y otros gigantones.
Existen muchos tipos de bolsillos. Hay documentado algún caso, de
encontrar a un bolsilliario queriendo hacer intercambio, resulta
raro comprobar que haya seres que no sepan, que los bolsillos no
se cambian, ni se venden... solo a veces se transforman.
Esos pequeños sacos que forman parte de nuestra vida, hablan por
sí solos, nos descubren desde dentro, dicen cómo somos.
Cuando salimos al mundo sin ninguno con nosotros, incorporamos
en su defecto, bolso o bandolera, mochila o una bolsa cualquiera.
Hay quienes lo llaman alma, otrxs le dicen corazón, yo digo que
son bolsillos, donde llevamos lo que somos, lo bueno y lo peor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)